viernes, 20 de julio de 2012

Campamento Navia 2012/2011


1º Día: Presentación e Benvida!
2º Día: "O Misterioso Exipto"
3º Día: Titorías e Eurocopa de Xogos Alternativos
4º Día: MISSION IMPOSSIBLE
5º Día: Rotativas e Titorías

6º Día: "PIRATAS"
7º Día: Rotativas e Titorías
8º Día:¡Praia!
9º Día: Senderismo e visita o Quiñones de León
10º Día: "Superheroes" Despedida1ª Quincena

11º Día: "Indios" Presentación 2ª Quincena
12º Día:¡Praia!
13º y 14º Día: ACAMPADA!
15º Día: ¡Xinkana Praiera!

16º Día: Festa do Auga
17º Día: Praia
18º Día: FESTIVO
19º Día: Olimpiadas
20º Día: Praia

21º Día: Día Sorpresa
22º Día: ¡¡Festa Despedida!!


martes, 15 de mayo de 2012

¡¡¡ XA ESTAMOS DE VOLTA !!!

Xa queda moi pouquiño para que chegue o Campamento de Navia.
Temos practicamente todo preparado, agardanvos moitas sorpresas !!
Ide Avisando @s vos@s nais/pais para que non se durman e vos vaian inscribindo que logo sempre queda alguén fora e é unha magoa...

 
           En canto a inscrición, este ano hai varias novidades:
- Mantemos os prezos do ano pasado EXCEPTO nos días de Xuño que baixamos a tarifa.
- Ademáis, para poder organizarnos mellor, se vos anotades antes do 5 de XUÑO tedes un 10% de desconto ACUMULABLE co desconto dos irmáns.
- O servicio de comedor será, en principio, CON CATERING. O prezo do menú por nen@ e día non superará os 4€.
ESTAREMOS ENCANTADOS DE EXPLICARVOS CALQUERA DÚBIDA

 
¡¡ SAÚDOS A TOD@S !!


Información

Horario de entrada:

- Aula Matinal: a partir das 8:00 ata as 9:00 poden traer os nenos o colexio.

- Campamento: para poder organizar actividades dende a primeira hora hai dúas opcións, ás 9:00 ou ás 9:50. Prégase non acudir a contagotas e axustarse ó horario para non romper a dinámica do grupo.

Material necesario:

- Para algún día concreto pediremos que os nenos veñan vestidos dunha forma determinada ou traian algo de casa. Non é necesario traer material escolar.

- Os nenos deberán traer a merenda para tomar a media mañá. Recoméndase incluir froita, faremos obradoiros para fomentar a boa alimentación.

* Praia:

- Obrigatorio levar gorra vermella e camisola vermella.

- Levar un bote de protección solar e toalla.

- Vestir calzado e roupa cómoda (imos a praia andando). Levar poucos xoguetes (teñen que cargar con eles todo o camiño).

- RECOLLER ÓS NENOS NA CRUZ ROJA DE SAMIL DENDE AS 13:45H. Os nenos do comedor se recollen no colexio.

* Saídas Socioculturáis:

- Obrigatorio levar gorra vermella e camisola vermella.

- Cando o avisemos RECOLLER OS NENOS NO LUGAR INDICADO, por exemplo, no Museo Quiñones de León en Castrelos.

* Acampada:

- O Xoves 26 os rapaces quedarán a durmir no colexio. O horario pola mañán e o mediodía será o habitual.

- Teñen que levar as tendas, esterillas, sacos de durmir, lanternas, pixama e todo o necesario para a pernocta o XOVES POLA MAÑAN. Os rapaces aprenderán a montar as súas propias tendas coa axuda dos monitores.

- Ás 20:30 os país deberán traer os rapaces o colexio para dar comezo á velada nocturna.

- O límite de idade para vir a acampada o diremos en función da madurez e autonomía dos nenos pequenos. Os máis cativos seguramente non poidan vir a acampada.

 
* www.campamentonavia.blogspot.com

- Nesta páxina web faremos un seguimento do campamento para que saibades o que van facendo os vosos fillos. Colgaremos videos e fotos e información sobre o campamento.

- Se non quere que o seu fillo participe nesta iniciativa fáganolo saber e lle pomos solución, gracias.