Horario de
entrada:
- Aula Matinal: a partir das
8:00 ata as 9:00 poden traer os nenos o colexio.
- Campamento: para poder
organizar actividades dende a primeira hora
hai dúas opcións, ás 9:00 ou ás
9:50. Prégase non acudir a contagotas e axustarse ó horario para non romper a
dinámica do grupo.
Material
necesario:
- Para algún día concreto
pediremos que os nenos veñan vestidos dunha forma determinada ou traian algo de casa. Non é necesario traer material
escolar.
- Os nenos deberán traer a
merenda para tomar a media mañá. Recoméndase incluir froita, faremos obradoiros
para fomentar a boa alimentación.
*
Praia:
- Obrigatorio levar gorra
vermella e camisola vermella.
- Levar un bote de
protección solar e toalla.
- Vestir calzado e roupa
cómoda (imos a praia andando). Levar poucos xoguetes (teñen que cargar con eles
todo o camiño).
- RECOLLER ÓS NENOS NA CRUZ
ROJA DE SAMIL DENDE AS 13:45H. Os nenos do comedor se recollen no
colexio.
* Saídas
Socioculturáis:
- Obrigatorio levar gorra
vermella e camisola vermella.
- Cando o avisemos RECOLLER
OS NENOS NO LUGAR INDICADO, por exemplo, no Museo Quiñones de León en
Castrelos.
*
Acampada:
- O Xoves 26 os rapaces
quedarán a durmir no colexio. O horario pola mañán e o mediodía será o
habitual.
- Teñen que levar as tendas,
esterillas, sacos de durmir, lanternas, pixama e todo o necesario para a
pernocta o XOVES POLA MAÑAN. Os rapaces aprenderán a montar as súas propias
tendas coa axuda dos monitores.
- Ás 20:30 os país deberán
traer os rapaces o colexio para dar comezo á velada
nocturna.
- O límite de idade para vir
a acampada o diremos en función da madurez e autonomía dos nenos pequenos. Os
máis cativos seguramente non poidan vir a acampada.
*
www.campamentonavia.blogspot.com
- Nesta páxina web faremos
un seguimento do campamento para que saibades o que van facendo os vosos fillos.
Colgaremos videos e fotos e información sobre o
campamento.
- Se non quere que o seu fillo participe nesta iniciativa
fáganolo saber e lle pomos solución, gracias.